As Torres do Oeste son un xacemento arqueolóxico composto polas ruinas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media. Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional. Sitúase na confluenza do río Ulla e a ría de Arousa, no concello de Catoira, comarca de Caldas. No lugar que ocupan as torres tense testemuñado acividade humana desde época castrexa, sabémolo polos restos de cerámica e útiles de bronce atopados. A data da súa construción foi, durante moito tempo, motivo de longas discusións. Xa o autor romano Pomponio Mela menciona na súa obra a existencia na desembocadura do Ulla das;Turris Augusti Capela románica e unha das torresPero tívose que esperar a que a mediados do século XX escavacións arqueolóxicas demostraron a existencia de restos romanos situados na cimentación das torres No século X, por mor das numerosos ataques normandos remontando a ría, incluida a morte do bispo Sisnando defendendo a súa diocese fixo que os seus sucesores se esforzaran en reparar e mellorar as defensas da ría. O 29 de outubro de 1024 o rei Afonso V o Nobre doa a Vistruario bispo de Iria, as torres. Cara ao ano 1040 o bispo Cresconio[2] ordeou importantes traballos de reformas. Pola Historia Compostelana sabemos que os traballos de melloras e reformas continuaron baixo os mandatos dos sucesores de Cresconio: Diego Páez e Diego Xelmírez. No século XII defínese a estrutura definitiva do castelo, quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos. Posúe unha capela do século XII construída por Xelmírez e dedicada ó Apóstolo Santiago. A partir do século XV,a fortaleza comeza a súa decadencia, e finalmente no ano 1525 gran parte das construcións foron destruidas. Na actualidade consérvanse en pe os alzados de dúas das torres e unha terceira moi arruinada. As torres son de planta cadrada e construidas con;perpiaño mediano; (coñecido como asturiano) e grandes perpiaños nos esquinais e nas xambas. Cada verán, o primeiro domingo de agosto, os restos do Castellum Honesti reviven unha romaría viquinga que recrea a defensa do castelo frente a un ataque normando. Tomado da Galipedia. |