Circuíto do Jarama , a enciclopedia libre
O Circuíto do Jarama é un autódromo de 3.404 km de lonxitude situado en San Sebastián de los Reyes, nos arredores de Madrid, España.
Circuíto do Jarama | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | circuíto automobilístico ![]() | |||
Epónimo | Río Jarama ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | San Sebastián de los Reyes ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 1967 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Gran Premio de España ![]() | ||||
Deporte | ||||
Deporte | deportes de motor ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | jarama.org ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarDeseñado por John Hugenholtz (que tamén deseñou os circuítos de Zandvoort e Suzuka), o circuíto foi construído por Alessandro Rocci en 1967 ao norte de Madrid nunha zona árida de matogueiras.
En 1967 empeza a albergar o Gran Premio de España de Fórmula 1, aínda que nesta ocasión o GP non foi puntuable para o Campionato do Mundo, se o foi o GP de España do ano seguinte (1968). Esta sede alternouse co Circuíto de Montjuïc ata que logo dunha accidentadísima carreira en Montjuïc, o Jarama quedou como sede única do GP de España de Fórmula 1.
Jarama acolleu a súa última carreira de fórmula 1 en 1981, dirixida por Alessandro Rocci cando se considerou demasiado limitada para as carreiras modernas.
Aínda se celebran algunhas carreiras de automóbiles e motocicletas neste circuíto. Dispón dalgunhas pistas auxiliares que o RACE utiliza para realizar cursos de condución.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do Jarama
editarAno | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1968 | Graham Hill | Lotus-Ford | 2:15:02.1 | 3´404 km | 90 | 135´823 km/h | 12. Maio | España |
1970 | Jackie Stewart | March-Ford | 2:10:58.2 | 3´404 km | 90 | 140´350 km/h | 19. Abril | |
1972 | Emerson Fittipaldi | Lotus-Ford | 2:03:41.2 | 3´404 km | 90 | 148´614 km/h | 1. Maio | |
1974 | Niki Lauda | Ferrari | 2:00:29.56 | 3´404 km | 84 | 142´383 km/h | 28. Abril | |
1976 | James Hunt | McLaren-Ford | 1:42:20.43 | 3´404 km | 75 | 149´677 km/h | 2. Maio | |
1977 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 1:42:.52.22 | 3´404 km | 75 | 148´906 km/h | 8. Maio | |
1978 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 1:41:47.0 | 3´404 km | 75 | 150´495 km/h | 4. Xuño | |
1979 | Patrick Depailler | Ligier-Ford | 1:39:12.1 | 3´404 km | 75 | 154´419 km/h | 29. Abril | |
1981 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 1:46:35.0 | 3´312 km | 80 | 149´156 km/h | 21. Xuño |
Ligazóns externas
editar- Web do Circuíto do Jarama Arquivado 25 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- Web da Real Federación Española de Automobilismo